Valentín García participa no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo a Margarita Ledo
VolverO galardón concédeno a Xunta de Galicia e as catro deputacións
Pontevedra, 5 de marzo de 2018.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega do Premio Ramón Otero Pedrayo á escritora, cineasta e académica da lingua galega Margarita Ledo Andión. O galardón, dotado con 16.000 €, concédeno desde o ano 1977 a Xunta de Galicia e mais as catro deputacións en recoñecemento á traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega.