Antón Pulido recibe o III Premio Ágora de Orcellón

Volver
  • Valentín García, no acto de homenaxe a Antón Pulido
  • Valentín García, no acto de homenaxe a Antón Pulido
  • Valentín García, no acto de homenaxe a Antón Pulido

O Instituto de Estudos Carballiñenses recoñece a traxectoria cultural do artista ourensán e dedícalle tamén un monográfico da súa revista

O Carballiño (Ourense), 27 de outubro de 2018.-  O pintor, gravador, deseñador e xestor cultural Antón Pulido (Amoeiro, 1944) recibiu o III Premio Ágora de Orcellón, concedido polo Instituto de Estudos Carballiñenses en recoñecemento á excelente traxectoria que levou a obra do ourensán a unha manchea de museos e galerías de dentro e fóra de Galicia (entroutras, o Palau de la Virreina de Barcelona, a Galería de Arte Conde Duque e a Universidade Autónoma de Madrid, a Jia Art Gallery de Teipei (Taiwán), a Contemporany Art Fair de Beijing, a Shangay Art Fair 2008 da China, a Myoung Gallery e o KIAF/09 de Seúl ou a Embaixada de Exipto en Roma).

O acto, celebrado na Casa da Cultura, contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.