O Secretario Xeral de Política Lingüística asiste á inauguración do Foro Inés de Castro

Volver

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019.-  O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este serán, no Pazo de Raxoi, na inauguración do Foro Inés de Castro, promovido polo Consello da Cultura Galega e o Camões, Instituto da Cooperação e da Lingua, I.P. No acto interviñeron Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, e o embaixador Luis Faro, presidente do Camões, quen pronunciou o relatorio “Percepções da língua portuguesa na literatura”. Asistiu tamén o embaixador de Portugal en España, Francisco Ribeiro de Menezes.

O Foro Inés de Castro xorde como espazo de encontro entre a Galicia e o Portugal do século XXI. Concrétase na realización de conferencias, coloquios ou seminarios en Galicia e en Portugal arredor de temas de interese común que permitan intercambiar coñecementos e suxestións, así como actualizar as percepcións que galegos e portugueses teñen os uns dos outros e, en definitiva, fomentar unha relación fluída entre as culturas respectivas.