O IES Rosalia de Castro acolle a presentación do novo web ovellodoscontos.gal

Volver

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2020.- O IES Plurilingüe Rosalía de Castro acolleu hoxe, Día Mundial da Radio, a presentación do web http://www.ovellodoscontos.gal, que se enmarca nos Premios Internacionais de Podcast Xosé Mosquera O Vello dos Contos promovido polo centro compostelán e Arraianos, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo. No acto participou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.