Novas
-
17/01/2023 21:00
Valentín García participa na homenaxe a Xesús Mato
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este martes na dobre presentación do libro Xesús Mato, 90 anos... e 50 do seu Fuxan os Ventos, unha homenaxe ao crego e musicólogo fillo predilecto do concello de Paradela.
-
16/11/2022 20:00
A Xunta celebra a chegada de fondos europeos para o Proxecto Nós e agarda que sexan os primeiros de moitos máis
• A axuda, procedente do goberno central e aprobada este martes en Consello de Ministros, permitirá darlle un importante pulo ao proxecto, que introducirá a lingua galega de cheo no mundo dixital
• O secretario xeral de Política Lingüística, o delegado do Goberno e o reitor da USC participan na rolda de prensa pola que se anuncia esta transferencia
-
06/10/2022 20:00
Elsa Muñiz presenta en ‘Memories: sete pezas para piano’ o “Pianotelling”, un novo concepto da música clásica
- Este termo fai referencia á música instrumental para piano que lle dá vida a microrrelatos autobiográficos, escritos en forma de caligramas manuscritos, nos que se inspiran as pezas acompañados de ilustracións
- Trátase dun proxecto didáctico e pedagóxico que une varias artes co obxectivo de aproximar a música clásica creada en Galicia aos nosos estudantes profesionais de música
-
06/10/2022 14:00
Os Bolechas chegan á Catedral de Santiago para presentarlle aos máis cativos o seu novo libro
- Esta obra afonda na historia do templo dun xeito lúdico e didáctico, achegando aos nenos e nenas a unha das xoiais patrimoniais máis destacadas da comunidade
- Preto de medio centenar de alumnos do CEIP López Ferreiro acudiron a este acto para acompañar ás súas personaxes favoritas
-
04/10/2022 18:00
Xunta e Editorial Galaxia presentan a obra de María do Cebreiro ‘Maternidades virtuosas’, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2021
Inaugúrase tamén o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil ‘Coeducamos?’, unha actividade que se desenvolverá ao longo deste mes en Ourense para poñer en contacto aos profesionais da docencia e aos creadores literarios
-
03/10/2022 20:00
Entregados os XXVIII Premios Publicidade en Galego, que cada ano recoñecen campañas publicitarias
Os galardóns desta edición foron para a Asociación PuntoGal, R Cable e Telecable Telecomunicacións, o Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeiro, Aqualia, o CIFP Leixa e unha mención de honra para a empresa Sistemas de Seguridade A1.
-
03/10/2022 18:00
A Asociación Festibandeira presenta o Festival Musical ‘Murallón do Son’ 2022 co apoio da Xunta
- Trátase dun festival no que a música e a cultura galega se fusionan coa gastronomía e demais actividades ao aire libre
- Grupos galegos como Daikdarría, Rebeliom do inframundo, High Paw, Harry May, Cloaca, a Señora DJ e o grupo barcelonés La inquisición serán os artistas invitados nesta edición que terá lugar o 8 de outubro
-
29/09/2022 20:00
O escritor e xornalista Alberto Ramos gaña a XVI edición do Premio Narrativa Breve Repsol en lingua galega
- O xurado premiou a súa obra Os corpos de Romanov. Matthias Lentz por tratarse dunha novela escrita con un estilo de gran precisión, onde salienta a presenza dun narrador solidario que apela á conciencia de quen le
- O certame, vertebrado de forma conxunta coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, contou desde o seu nacemento coa participación de preto de 500 obras orixinais de escritores galegos e 28 nesta edición
-
28/09/2022 20:00
A Xunta entrega os premios a curtas de animación en galego ‘Nós tamén creamos!’ na súa X edición
- O 2º ciclo de educación infantil do CEIP Albeiros de Lugo con Sopa Verde, o 1º e 2º cursos de educación primaria do CEE Miño de Ourense con O Camiño e o 3º e 4º cursos de educación primaria CEIP Manuel Villar Paramá da Estrada con Un conto cheo de lobos foron os centros galardoados
- Estes premios, enmarcados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, buscan fomentar a presenza do galego nos centros de educación infantil e primaria a través da creatividade e da incorporación das TIC nas aulas
-
26/09/2022 20:00
O xurado do Premio Otero Pedrayo outorga o galardón deste ano a Ángel Carracedo pola súa traxectoria na investigación médica e científica
- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participan na xuntanza do galardón promovido pola Xunta e as catro deputacións