Novas
-
23/03/2021 20:13
Jesús Curros recibe o I Premio de Ensaio da Academia Xacobea pola obra ‘Escenas, imaxes e sons do Camiño’
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou no acto de entrega celebrado no Pazo de San Roque
-
23/03/2021 12:20
A programación das Letras Galegas 2021 contará con medio cento de actividades para divulgar o legado de Xela Arias
A Xunta, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura, a CRTVG xunto a múltiples entidades e empresas deseñan un ambicioso conxunto de propostas no eido literario, expositivo, deportivo, musical ou escénico
As actividades están descentralizadas por toda a Comunidade e terán como acto central o propio Día das Letras, o 17 de maio, na cidade de Vigo
Reforzaranse as propostas dixitais e audiovisuais para chegar a máis lugares da Comunidade con iniciativas como un videomapping que proxectará versos e imaxes da autora en 25 emprazamentos e edificios significativos de toda Galicia
Román Rodríguez salientou o carácter “completo e variado” da programación que pon en valor a unha muller “comprometida e precursora” que “rompeu moldes nas nosas letras cunha linguaxe poética urbana, vangardista e anovadora”
Os equipos de dinamización dos centros educativos elaborarán recursos para promover a súa obra, de xeito especial os dous centros de referencia na vida da autora como o IES Castelao de Vigo IES ou o Xelmírez II en Santiago
-
22/03/2021 17:33
A Xunta apoia as xornadas 'O que non se escribe' para poñer en valor a lingua galega no marco do patrimonio sonoro
O encontro desenvólvese desde o mércores ata o sábado en Santiago con distintas actividades de aprendizaxe e experimentación
-
20/03/2021 19:00
Valentín García participa en Padrón na celebración do Día dos Medios en Galego
- O secretario xeral de Política Lingüística participou no programa organizado por AMEGA coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
- Federico Pérez foi o encargado de conducir o espazo en formato late night baixo o título 'Moito que sachar', que se retransmitiu en directo polas redes sociais
-
18/03/2021 20:47
A Xunta impulsa o proxecto 'Cantando a Carvalho Calero' que promove a obra do autor desde un punto de vista pedagóxico
Trátase dun libro-disco, resultado dun traballo promovido polo profesor José Luis Fernández Carnicero, que sae do prelo co apoio da Consellería de Cultura
-
17/03/2021 15:15
A Xunta presenta a versión actualizada do Celga 1 en liña que permite por primeira vez a autoformación en lingua galega
“O recurso supón un gran avance para achegar e facerlle accesible a aprendizaxe do galego á cidadanía, independentemente do lugar onde resida ou do momento que poidan dedicarlle”, destacou o secretario xeral de Política Lingüística
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, enmarca a nova ferramenta na Estratexia Galicia Dixital 2030
Rodríguez Miranda destacou que “os galegos do exterior poden acceder a estes cursos co obxectivo de manter e mellorar a nosa lingua fóra das nosas fronteiras”
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca hoxe as probas oficiais do Celga para o 2021, cuxo prazo de inscrición remata o 12 de abril
-
17/03/2021 14:41
A Xunta achégalles a escena aos máis novos a través do recurso didáctico ‘Das musas ao teatro’
O Centro Dramático Galego pon á disposición dos centros educativos e da sociedade en xeral o traballo elaborado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
O director e dramaturgo Quico Cadaval e o equipo do CDG colaboraron no proxecto coas autoras Sheila García Prado e Ana García Seoane
-
16/03/2021 18:10
A Xunta colabora coa Real Academia Galega nun congreso internacional que analizará en outubro a figura de Pardo Bazán
Inclúese na aposta do Goberno autonómico por impulsar a súa figura con varias iniciativas en marcha que incluirán unha gran exposición coa Biblioteca Nacional
A cita contará con expertos como os catedráticos Ramón Villares, Isabel Burdiel, Darío Villanueva ou Marina Mayoral, entre outros
-
16/03/2021 17:39
A Biblioteca Ánxel Casal celebra o Día Mundial da Poesía co espectáculo ‘Videopoética’ da man de Yolanda Castaño
Esta proposta artística, que combina o recital en directo con pezas de audio e proxección de videopoesías, terá lugar mañá pola tarde
O secretario xeral de Política Lingüística e a poeta presentaron hoxe a iniciativa, que se enmarca na ampla programación da Xunta arredor do 21 de marzo
-
15/03/2021 17:17
Máis de 3000 alumnos conclúen hoxe o reto dos ‘21 días co galego e +’ impulsado pola Xunta
Dez centros educativos participaron na iniciativa, a través da que empregaron esta lingua en exclusiva durante 21 xornadas
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, clausurou por videorreunión a terceira edición deste programa de dinamización