Novas
-
09/06/2022 15:21
Valentín García presenta ‘Corpo de vento’, unha serie documental sobre a tradición organística en galicia
O proxecto, impulsado pola produtora Sirgo Torcendo co apoio da xunta, consta de catro capítulos que abordan aspectos relacionados con estes instrumentos de vento facendo uso da lingua galega e achegándonos tamén ao ámbito lusófono
Os vídeos poden verse no Portal da Lingua Galega e na súa canle de YouTube
-
08/06/2022 16:37
A campaña ‘Toponimízate’ 2022 difundirá o valor da toponimia galega en 17 concellos co apoio da Xunta
As sesións formativas da campaña difundirán a importancia da riqueza toponímica galega e procurarán novas persoas colaboradoras para o proxecto ‘Galicia Nomeada’
Desde o seu lanzamento permitiu a recuperación e posta a disposición da cidadanía de máis de 43.000 microtopónimos grazas á colaboración de máis de 2.600 persoas
Esta quinta edición duplica o número de sesións do ano pasado, achegándose a Pantón, Sada, Laza, Chandrexa de Queixa, A Fonsagrada, Covelo, Castrelo de Miño, Rodeiro, Fisterra, Ortigueira, Allariz, Oleiros, Ponteareas, Forcarei, Zas, Guntín e O Incio
-
07/06/2022 17:23
A Xunta apoia unhas xornadas sobre o vínculo entre a poética galega e o mar que se celebrarán en Bueu
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación do encontro ‘Id’ a San Momed’
-
06/06/2022 20:45
A Xunta salienta o papel do plurilingüismo para reforzar a lingua galega en todos os ámbitos
O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación dunha guía elaborada pola Real Academia Galega ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 21-22 da Xunta que se centra no eido educativo do Concello de Ames
Responde á demanda de formación do profesorado sobre este tema con aclaracións conceptuais e estratexias de cara a planificación nos centros educativos
-
06/06/2022 19:57
A mostra itinerante ‘Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños’ chega a Ourense cunha escolma de pezas persoais do homenaxeado nas Letras Galegas
Inclúese nas máis de 150 actividades deste ano e percorre a vida e a obra do autor a través dunha unha selección de obxectos como cartas ou borradores de poemas, cedidos pola familia
Poderá visitarse na Biblioteca da Xunta Nós ata o mes de agosto
-
04/06/2022 13:18
Valentín García participa na homenaxe da Fundación Neira Vilas a Luis Reimóndez Fernández
No encontro desvelouse unha placa, na sala superior da biblioteca, en homenaxe ao que fora un dos presidentes da entidade
-
04/06/2022 11:55
A Xunta abre o prazo para incorporar 25 novos centros públicos ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares
O orzamento total elévase a case 1,6 M€ a distribuír entre os colexios e institutos que se sumen e os 729 xa participantes no programa
A iniciativa enmárcase no novo Plan LÍA (Lectura, Información e Aprendizaxe), a folla de ruta que guía todas as actuacións nestes espazos ata o ano 2025
A convocatoria volve dar prioridade aos centros do rural
-
03/06/2022 18:36
O circuíto de Feiras do libro 2022 recala desde hoxe en Vilalba co apoio da Xunta
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración desta cita coa cultura na capital da Terra Chá
O Goberno autonómico é o principal patrocinador das feiras impulsadas pola Federación de Librarías de Galicia que percorren ata agosto 13 vilas e cidades
-
03/06/2022 13:28
O CGAC afonda na memoria da paisaxe coa mostra ‘Nalgures’ da australiana Narelle Jubelin
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na presentación da exposición, que pode visitarse ata mediados de outubro
Xunto ás obras da artista, ofrece un achegamento ao contexto galego coa incorporación de fotografías da catalana Anna Turbau realizadas a finais dos anos 70, e pezas descatalogadas de Cerámicas do Castro e de Sargadelos
-
02/06/2022 14:35
O secretario xeral de Política Lingüística fai entrega dos premios do concurso de debuxo ‘Pepe Xan da Baña’
A Xunta agasalla cun lote de libros o alumnado gañador de todas as categorías
Neste certame participan arredor de 300 escolares dos centros educativos do de Santa Comba, que plasmaron a súa idea sobre o escritor galego
O encontro pecha os actos de homenaxe que o concello levou a cabo durante o mes de maio en torno á figura do escritor polo 150 aniversario do seu nacemento