Novas
-
19/05/2022 12:47
O secretario xeral de Cultura destaca o apoio da Xunta a certames como o ‘Xosé M. López Ardeiro’, que impulsan a produción literaria en galego
Sinala a oportunidade que estas iniciativas supoñen tanto para os novos creadores como para os escritores xa consolidados
O prazo de presentación de propostas para a próxima edición estará aberto entre o 26 de xullo e o 1 de decembro
-
18/05/2022 14:12
A Xunta promove os recursos naturais e a lingua no II concurso de curtas senda litoral de Galicia
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na entrega de premios que tivo lugar en Cans, Porriño, no marco do Festival de Cans
Nesta edición participaron 14 centros educativos de toda a comunidade co obxectivo de por en valor as paisaxes, a natureza, as lendas e a gastronomía dos territorios polos que pasa a senda
O concurso de curtas organizase dentro das accións de promoción e difusión da Senda Litoral de Galicia e contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Educación e a Fundación Galicia Sustentable
-
18/05/2022 14:09
O proxecto ‘Nós de intelixencia artificial ao servizo da lingua galega’ entra na súa segunda fase coa implementación dos primeiros prototipos
Inxéctanse 600.000 euros máis para levar a cabo seis das oito iniciativas previstas, centradas na síntese de voz, recoñecemento da fala, xeración automática de textos, sistemas de diálogo, tradución automática ou corrección e avaliación lingüística
Os investigadores crearán distintos recursos a disposición de todas as entidades interesadas e un banco de voces que contará coa participación da cidadanía
-
17/05/2022 14:10
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu a sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega
-
17/05/2022 13:33
Intervención de Alfonso Rueda no Día das Letras Galegas 2022
-
16/05/2022 13:47
O colexio Virxe do Camiño de Rubiá álzase co premio do concurso-exposición das Letras Galegas 2022
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fai entrega do galardón na modalidade de Infantil e Primaria
A proposta gañadora ‘Florencio Delgado Gurriarán, poeta do agro’ destaca pola súa orixinalidade, a calidade estética e artística e a idoneidade das diversas técnicas e materiais empregados
Valentín García tamén se trasladou ao IES Cosme López, da Rúa, para presentar a exposición sobre ou autor homenaxeado no 17 de maio dirixida a centros de Educación Secundaria, FP e outras ensinanzas
Ambos os proxectos permiten realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época do autor de Valdeorras
-
15/05/2022 11:29
‘Continente María’, coprodución do Centro Dramático Galego con Ainé e o Concello da Coruña sobre María Casares, estréase mañá no Teatro Rosalía Castro
No marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o escenario coruñés acolle a función inaugural da obra que sobe ás táboas con A Quinta do Cuadrante e dentro da programación impulsada pola Xunta co gallo do centenario da actriz
-
13/05/2022 12:48
A Xunta colabora con Gadis na campaña ‘Versos na rúa’ para dar a coñecer autores galegos ilustres
A iniciativa, que plasmará versos de oito autores representativos en pasos de peóns, muros e fachadas de edificios, forma parte dos actos con motivo do Día das Letras Galegas
Esta ruta literaria chegará a trece localidades: A Coruña, Lugo, Ourense, Betanzos, O Carballiño, Foz, Muros, O Barco, Ordes, Ribeira, Sarria, Verín e Viveiro
-
12/05/2022 19:33
A Xunta participa na XVIII edición dos premios literarios Frei Martín Sarmiento e os audiovisuais REC.curta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, intervén na entrega destes galardóns que promoven a lectura en lingua galega e o seu uso no ámbito audiovisual entre os escolares
-
11/05/2022 18:38
O espectáculo musical de Roi Casal ‘Son galego, son cubano’ en homenaxe a Xosé Neira Vilas chega o venres a Rodeiro co apoio da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa na presentación do concerto, que pon de manifesto a histórica relación entre Galicia e Cuba con letras do escritor de Vila de Cruces