Do 26/11 ao 26/11 do 2019

Danza contemporánea pola igualdade (Xiana Vilas)

Obradoiro dirixido a alumnado de ESO que emprega a música, a palabra e a expresión corporal para propoñer formas de relación afastadas de prexuízos sexistas.

Comeza: 26/11/2019 11:30 | Remata: 26/11/2019 14:20

Onde: IES do Ribeiro (Ribadavia) | |

Volver

A actividade forma parte de Igual-son, un proxecto xestionado por Capicúa que traballa con obradoiros e contadas na sensibilización de diferentes grupos de idade. As actividades desenvolveranse en 8 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Está incluída na campaña Nós contra a violencia da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, que se desenvolve no marco do Pacto de Estado contra a Violencia da xénero.

  • Obradoiro
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística