27/11/2020

Galicia e o Val de Ellas

O Centro de Lingua e Cultura Galegas de Salvador de Baía (Brasil) organiza o curso Galicia e o Val do Ellas: unha lingua e falantes distintos, aberto toda a comunidade con interese sobre o tema.

Comeza: 27/11/2020 17:30

Onde: En liña | |

Volver

O curso ten como obxectivo presentar as características lingüísticas e sociolingüísticas do galego falado en Estremadura en comparación co de Galicia. Para iso, comezarase por unha introdución ao mapa lingüístico da península Ibérica e, dentro del, analizarase o panorama sobre as variedades da familia galego-portuguesa.

A seguir, describirase a orixe e principais características da variedade de Estremadura con respecto ao galego e ao portugués a partir de mostras de lingua e de textos.

Ademais, farase unha achega ás particularidades sociolingüísticas da área, entre as que sobresaen o orgullo e a identidade do falante, mentres a substitución léxica por influencia do castelán elimina as súas peculiaridades.

As aulas serán o día 24 e 27 de novembro, ás 13:30 (hora de Salvador de Baía) ou 17:30 (hora Val do Ellas e Galicia

Inscrición: inscricion.celga@gmail.com

  • Outras actividades
  • Rede de Centros de Estudos Galegos