Do 01/06 ao 22/06 do 2021

Asinamos ser libres

Exposición conmemorativa das Letras Galegas 2021, dedicada a Xela Arias Castaño.

Comeza: 01/06/2021 12:00 | Remata: 22/06/2021 14:00

Onde: Delegación Territorial da Xunta en Vigo | |

Volver

Exposición promovida pola Xunta de Galicia que percorrerá once localidades galegas comezando na Biblioteca Pública Ánxel Casal, con paradas en concellos da Rede de Dinamización Lingüística e en bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, para difundir a figura, a vida, a obra e o contexto histórico que lle tocou vivir a Xela Arias.

Coordinada por María Xesús Nogueira, autora dos textos, e producida por Ouvirmos S.L., a mostra conta con fotografías de Xulio Gil, do Arquivo familiar Arias Castaño e do Arquivo Edicións Xerais de Galicia.

A través dos seus 12 paneis, que poden verse tamén en liña, o visitante coñecerá a infancia de Xela Arias, a súa adolescencia rebelde, os seus primeiros textos poéticos, a conexión da súa poesía coa cultura e a sociedade do seu tempo (a literatura, a música, a fotografía, o activismo político...), o seu labor como tradutora, a experiencia da maternidade plasmada en Darío a diario, o seu último poemario Intempériome, o seu pasamento repentino e o seu legado.

Itinerancia da exposición

A mostra poderá visitarse nas seguintes datas e localidades ata decembro de 2021:

  • Santiago de Compostela: do 10 ao 31 de maio
  • Vigo: do 1 ao 22 de xuño
  • Sarria: do 23 de xuño ao 13 de xullo
  • Pontevedra: do 14 ao 28 de xullo
  • Amoeiro: 29 de xullo a 12 de agosto
  • Outes: do 13 de agosto ao 2 de setembro
  • Lugo: do 3 ao 23 de setembro
  • A Coruña: do 24 de setembro ao 14 de outubro
  • Ourense: do 15 de outubro ao 7 de novembro
  • Boiro: do 8 ao 28 de novembro
  • Celanova: do 29 de novembro ao 17 de decembro
  • Exposición
  • Secretaría Xeral de Política Lingüística