30/12/2022

Alfonso X e Galicia

Actividade do Centro de Estudos Galegos da Habana.

Comeza: 30/12/2022 02:00

Onde: Instituto de Literatura y Lingüística Carlos III | |

Volver

No marco da XII Conferencia Internacional Lingüística 2022, o Centro de Estudos Galegos da Habana organiza a exposición Alfonso X e Galicia. O poeta que de tanto mirar as estrelas se esqueceu da terra, coa colaboración do Consello da Cultura Galega.

A mostra consta de varios carteis explicativos da bioografía, a obra, o contexto histórico e a música no tempo de Afonso X, así como de audios, vídeos e mais as explicacións do alumnado da Cátedra de Cultura Galega da Universidade da Habana.

Esta exposición complétase cun concerto didáctico do grupo de cámara Ensemble Lauda, que intercalará explicacións sobre instrumentos medievais (reproducións do Pórtico da Gloria e do Pazo de Xelmírez en Santiago de Compostela) coa interpretación de cantigas de Santa María.

  • Exposición
  • Rede de Centros de Estudos Galegos