- Portada
- A Secretaría Xeral
- Axenda de eventos
VII Obradoiro de Tradución de Poesía de Weiden
Actividade do CEG de Leipzig
Comeza: 16/11/2023 10:00
Onde: Leipzig | |
En dúas fins de semana de novembro e decembro –do 16 ao 20 de novembro e do 14 ao 18 de decembro – terá lugar o VII Obradoiro de Tradución de Poesía de Weiden.
O evento, que se celebra anualmente desde 2017, propúxose dar a coñecer poesía moderna en éuscaro, galego e catalán noutros ámbitos lingüísticos. Este ano, o curso centrarase na corrección e edición de poesía xa traducida en edicións anteriores do obradoiro. O evento, que integra conferencias e talleres, pretende facer de punto de ligazón entre profesionais da tradución, corrección e edición e poetas pouco ou aínda non traducidos ao alemán e outras linguas europeas. Xuntos elaborarán versións finais dos seus poemas sobre traducións xa realizadas. Para preparar o proceso de corrección e edición trataranse, desde a perspectiva da lingüística da variación e da sociolingüística, aspectos como oralidade finxida, linguaxe das emocións e da intimidade; desde a translatoloxía, enfoques perceptivos e técnicas de corrección elaboradas noutros ámbitos da tradución para encarar cuestións do efecto das traducións, que serán presentadas polos tradutólogos e lingüistas que participan no obradoiro.
O seminario combinará intervencións en liña con sesións de traballo presenciais.
- Obradoiro
- Secretaría Xeral de Política Lingüística