04/04/2024

A literatura galega hoxe: a escrita villaltiana e outras poéticas

Actividade do CEG de Salvador de Baía.

Comeza: 04/04/2024 10:00

Onde: Museu de Arte da Bahia e Universidade Federal da Bahia | |

Volver

A exposición ‘Afonso X e Galicia’, organizada polo Consello da Cultura Galega, estará este mes en Salvador/Bahia: de 4 a 14 de abril, no Museu de Arte da Bahia; de 16 a 30 do corrente mes, na Universidade Federal da Bahia.

A exposición Afonso X e Galicia é unha iniciativa de proxección internacional organizada polo Consello da Cultura Galega. Tras pasar por catro países (España, Italia, Polonia e Eslovaquia), o seu último destino foi Brasil, estando primeiramente en São Paulo (USP) e no Rio de Janeiro (UFRJ) e será durante o mes de abril cando terá lugar a exposición en Salvador.Na súa realización na capital baiana a institución encargada da coordinación local é o Centro de Estudos da Língua e Cultura Galegas do Instituto de Letras da UFBA (CELGA), órgano oficial da difusión do galego no estado. A mostra busca visibilizar a conexión entre Galicia e Afonso X, no 8º centenario do seu nacemento, propiciando unha aproximación á polifacética figura do monarca e a Idade Media en contexto galego e europeo.

A exposición será gratuíta e aberta ao público e terán lugar unha serie de conferencias nas que intervirán especialistas na área da lingua e literatura medievais galego-portuguesas.

A exposición estará aberta no Museo de Arte da Bahia no período de 4 a 14 de abril, das 10h ás 18h, contando con visitas guiadas nos días 10/04 e 13/04, das 14 ás 17 horas, a cargo da Profesora Lectora Raquel Fernández Souto. No período de 16 a 30 de abril, permanecerá aberta no PAF 3 da Universidade Federal da Bahia.

  • Conferencia/Mesa redonda
  • Rede de Centros de Estudos Galegos