Do 07/05 ao 25/05 do 2024

Letras Galegas 2024 en Croacia

Actividades do CEG de Zadar.

Comeza: 07/05/2024 10:00 | Remata: 25/05/2024 20:00

Onde: Zadar | |

Volver

Este mes de maio co gallo das XVI Xornadas de linguas e culturas ibéricas haberá unha serie de actividades no Centro de Estudos Galegos.

O día 7 de maio ás 10.00 na aula 202 do campus vello da Universidade de Zadar (enderezo: Obala Petra Krešimira IV 2. Zadar, Croacia), a profesora Inmaculada Baez Montero da Universidade de Vigo dará unha charla sobre a aprendizaxe de linguas en Galicia con persoas con necesidades educativas especiais baixo o título A ensinanza de linguas estranxeiras a persoas con necesidades educativas especiais.

O día 16 de maio ás 17.00 na aula 011 do campus vello da Universidade de Zadar (enderezo: Obala Petra Krešimira IV 2. Zadar, Croacia), será o Taller das Letras galegas en Zadar onde a través de diversas actividades vaise ofrecer un percorrido pola historia da literatura galega. O responsable do CEG é o encargado da organización do taller.

O día 17 de maio ás 17.00 na aula 011 do campus vello da Universidade de Zadar (enderezo: Obala Petra Krešimira IV 2. Zadar, Croacia), terá lugar o Relatorio das letras galegas 2024 impartido polo responsable do CEG onde se dará a coñecer a vida e obra da autora homenaxeada que neste ano é Luisa Villalta.

O día 25 de maio ás 16.00 e ás 18.00 na aula 011 do campus vello da Universidade de Zadar (enderezo: Obala Petra Krešimira IV 2. Zadar, Croacia),serán os pases de films galegos no ciclo de cine ibérico da Universidade. Haberá dous pases o das 16.00 coa película O bosque animado e o das 18.00 con A esmorga.

  • Outras actividades
  • Rede de Centros de Estudos Galegos