Do 24/10 ao 24/10 do 2021

Os Bolechas fan o Camiño Marciano

Os Bolechas seguen fieis á súa cita anual co FalaRedes.

Comeza: 24/10/21 | 18:00

Onde: Salón de Actos do Voluntariado | Muxía | A Coruña

Volver

Xa os temos aquí cunha nova aventura que chegará a 21 entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Boimorto, Carnota, Laxe, Muxía, Rois, GDR Ulla-Tambre-Mandeo, Arbo, Barro, Forcarei, Oia, Mondariz, Bóveda, Carballedo, Cospeito, O Incio, Guntín, Liceo de Ourense, Avión, GDR Momnteval, Castro Caldelas e mais GDR Montes e Vales Orientais.

Os Bolechas fan o Camiño Marciano é un espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias. Nel, o xogo e a diversión combínanse coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro. Loli, Chispa, Tatá, Braulio, Sonia, Pili e Carlos queren facer de novo o Camiño de Santiago, pero xa percorreron todas as rutas xacobeas. Deben repetir algunha? Ou poden, quizais, crear unha nova?

  • Espectáculo
  • S.X. de Política Lingüística