Do 28/05 ao 28/05 do 2022

Obradoiro de creación de personaxes con Javier Peña

A Secretaría Xeral de Política Lingüística organiza, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, un obradoiro de creación literaria.

Comeza: 28/05/22 | 10:30 | Remata: 28/05/22 | 13:30

Onde: Salón de actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal | Santiago de Compostela | A Coruña

Volver

O obradoiro estará centrado na creación do protagonista dunha novela, a través de catro clases teóricas e un exercicio práctico, que será impartido na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

Ao longo da actividade, os 15 alumnos participantes irán deseñando o personaxe protagonista da súa novela aprendendo ferramentas prácticas e claras e usando textos de literatura galega para mellorar a súa destreza como escritores. Ao remataren a formación teórica, demostrarán a súa aprendizaxe coa escrita dun exercicio práctico que será analizado individualmente e posto en común nunha última sesión conxunta.

O obxectivo principal da iniciativa é dotar de ferramentas aos escritores e escritoras que están a comezar o seu camiño na escrita para que poidan producir as mellores obras posibles e facerse un oco entre os autores publicados.

A inscrición ábrese o 25 de abril ás 8:30h a través deste formulario. É imprescindible ter o carné da Rede de bibliotecas de Galicia no momento da inscrición.

As sesións terán lugar os sábados 14, 21 e 28 de maio e 4 de xuño de 10:30 a 13:30h nas salas de traballo en grupo do terceiro andar e o acto de clausura realizarase o venres 17 de xuño ás 19h no salón de actos.

 

  • Obradoiro
  • Inscrición previa
  • S.X. de Política Lingüística