Obradoiro de creación de personaxes con Javier Peña
Comeza: 04/06/22 | 10:30 | Remata: 04/06/22 | 13:30
Onde: Salón de actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal | Santiago de Compostela | A Coruña
O obradoiro estará centrado na creación do protagonista dunha novela, a través de catro clases teóricas e un exercicio práctico, que será impartido na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
Ao longo da actividade, os 15 alumnos participantes irán deseñando o personaxe protagonista da súa novela aprendendo ferramentas prácticas e claras e usando textos de literatura galega para mellorar a súa destreza como escritores. Ao remataren a formación teórica, demostrarán a súa aprendizaxe coa escrita dun exercicio práctico que será analizado individualmente e posto en común nunha última sesión conxunta.
O obxectivo principal da iniciativa é dotar de ferramentas aos escritores e escritoras que están a comezar o seu camiño na escrita para que poidan producir as mellores obras posibles e facerse un oco entre os autores publicados.
A inscrición ábrese o 25 de abril ás 8:30h a través deste formulario. É imprescindible ter o carné da Rede de bibliotecas de Galicia no momento da inscrición.
As sesións terán lugar os sábados 14, 21 e 28 de maio e 4 de xuño de 10:30 a 13:30h nas salas de traballo en grupo do terceiro andar e o acto de clausura realizarase o venres 17 de xuño ás 19h no salón de actos.
- Obradoiro
- Inscrición previa
- S.X. de Política Lingüística