Tocata & fuga para Carlos Casares
Comeza: 02/07/22 | 20:00
Onde: Por confirmar | Xinzo de Limia | Ourense
O músico Emilio Rúa e o escritor Xosé Carlos Caneiro ofrecen no FalaRedes unha dobre proposta. A primeira parte dela é esta velada literario musical que quere conmemorar o 20 cabodano do pasamento do xenial escritor Carlos Casares con cantos e recitados dunha serie de textos que xiran arredor da súa obra, todos orixinais do escritor Xosé Carlos Caneiro. Son narracións, poemas e cancións con música de Emilio Rúa, que interpreta os seus temas acompañado da súa guitarra.
- Concerto
- S.X. de Política Lingüística