Do 30/07 ao 30/07 do 2022

Cantos, contos e pedraviva

Comeza: 30/07/22 | 20:00

Onde: Praza do Camiño | Portomarín | Lugo

Volver

Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro presentan unha proposta dobre no FalaRedes 2022. A segunda parte dela é este espectáculo pensado para vencer os malos tempos, un traballo inusual dentro do mundo musical e cultural galego que inclúe textos de Xosé Carlos Caneiro, con fondo musical orixinal de Emilio Rúa, capaces de emocionar a quen os escoite.

Esta proposta presenta prosas, poemas e cancións que falan de amor, de resistencia fronte á incomunicación dos seres humanos (neste tempo no que semella que estamos máis comunicados ca nunca), de entusiasmos, do país e dos seus misterios, das paixóns, da melancolía, dos afectos, das risas, do humor. Tamén das virtudes magníficas de Galicia e dos galegos.

A carón deles, escoitaranse cancións creadas polo cantautor Emilio Rúa, dotado cunha voz propia orixinal e profundamente sentimental, tenra, sensitiva. Todas de raíz galega, pero tamén cosmopolita, e trenzadas magnificamente para converter cada concerto nun motivo de felicidade para os espectadores.

  • Concerto
  • S.X. de Política Lingüística