Do 01/09 ao 02/09 do 2022

O legado Xacobeo na ría da Estrela: o Portus Apostoli e o Camiño de Santiago

Curso integrado no 'Campus do Emprendemento e do Saber de Noia'

Comeza: 01/09/22 | 08:00 | Remata: 02/09/22 | 20:00

Onde: Casa da Cultura de Noia / Casino de Noia / Coliseo Noela | Noia | A Coruña

Volver

Noia é, antes que nada, terra de creadores. Creadores industriais, creadores culturais e artísticos, creadores nos diferentes eidos da actividade humana. É neste contexto no que deberá entenderse o propósito de facer de Noia a Capital do Emprendemento e do Saber do verán.

Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro Noia acolle unha gran variedade de cursos e xornadas, que van desde o tratamento de tópicos de sempre, pero que seguen preocupando á sociedade, como outros máis novos que van marcar a nosa vida durante os vindeiros anos. Unha excelente oportunidade para poder combinar un tempo de lecer nun dos currunchos máis fermosos de Galicia, co desexo de saber e de seguir mellorando no ámbito en que cada un desenvolva a súa actividade. Dada a importancia que este reto ten para a sociedade desta bisbarra como para toda Galicia, as entidades organizadoras e patrocinadoras ofrecen un número de bolsas que van facilitar a participación a todas aquelas persoas que teñan interese en non deixar pasar esta excelente oportunidade.

Os cursos, de temática variada, abranguen desde o deporte e a saúde mental ata o Camiño de Santiago, pasando polo envellecemento activo ou a criminalística forense. Os oito cursos, impartidos por expertos en cada área, terán lugar entre os meses de xuño e setembro.

A Fundación para o Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (FUNDEHSGA) e o Concello de Noia organizan este evento en colaboración coas tres universidades galegas e a Xunta de Galicia.

  • Xornada/Congreso
  • Inscrición previa
  • S.X. de Política Lingüística