Viaxe á prehistoria. Unha aventura inmersiva na procura das nosas orixes
Comeza: 01/10/22 | 12:00
Onde: Na aldea de Codeseda. | Lalín | Pontevedra
Programa cultural de dinamización lingüística centrado nas temáticas do patrimonio oral (mitoloxía), a prehistoria, o patrimonio e o papel da lingua galega como vehículo de socialización, de endoculturación e de transmisión interxeracional da cultura. Este proxecto está planificado dende un punto de vista multidisciplinar, de xeito que integre obradoiros de arqueoloxía experimental, obradoiros de creación artística, actividades divulgativas sobre o patrimonio oral galego e outras actividades de lecer e culturais nas que o papel da lingua galega é o protagonista para crear novos ámbitos de socialización en galego e favorecer unha asociación positiva coa nosa lingua. O programa está orientado, fundamentalmente, a nenos e nenas de 4 a 12 anos e ás familias e pensado para desenvolver na parroquia de Doade e, sobre todo, no Museo Etnogáfico Casa do Patrón.
CONTACONTOS E OBRADOIRO
22-xullo -17.00 h “Contos na Aurela” (Polo Correo do Vento)
Museo Etnográfico Casa do Patrón. Lalín
OBRADOIROS ARQUEOLOXÍA EXPERIMENTAL
05-agosto -17.00 h “Descubre a cerámica neolítica” (Rafael Quintía e Pilar Silva).
05-agosto -18.30 h “Arte aborixe. Descubre os misterios da arte prehistórica e tribal”
(Rafael Quintía e Pilar Silva).
FALADOIROS A CARÓN DO LUME
17-setembro -12.00 h “O Mito da Moura: a creadora do mundo”
(Rafael Quintía Pereira, antropólogo).
No salón de actos da Casa do Patrón.
01-outubro -12.00 h “A Vella” (Lidia Mariño, investigadora da mitoloxía).
Na aldea de Codeseda.
05-outubro -12.00 h “Mouros galegos: o feito diferencial”
(Buenaventura Aparicio Casado, historiador).
No IES Laxeiro, de Lalín.
EXPOSICIÓN INTERACTIVA
15-outubro -12.00 h “Viaxe no tempo visitando unha casa castrexa”
(Ab Origine. Antropoloxía S.L.L.).
- Outras actividades
- S.X. de Política Lingüística