O tranvía Leonardo
Comeza: 21/08/22 | 19:00
Onde: Praza do Reloxo | A Pobra de Trives | Ourense
Un espectáculo de narración oral para a infancia con monicreques e música en que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia, protagonista de innumerábeis cancións e anécdotas.
Neste espectáculo a participación do público é continua: aprendendo a pronunciar o "Trabalinguas" das trisílabas ou a cantar a Maturrangaina, na que o público miúdo se exercita en dicir os números en galego do un ao dez. Ao final da función agasállase o público cun xogo recortable coa canción á que fai referencia a imaxe, co obxectivo de que poidan xogar e cantar con el na casa.
- Espectáculo
- S.X. de Política Lingüística