Do 09/09 ao 09/09 do 2022

O tranvía Leonardo

Espectáculo de Fantoches Baj para FalaRedes.

Comeza: 09/09/22 | 19:00

Onde: Auditorio Xosé Casal | Vila de Cruces | Pontevedra

Volver

Un espectáculo de narración oral para a infancia con monicreques e música en que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia, protagonista de innumerábeis cancións e anécdotas.

Neste espectáculo a participación do público é continua: aprendendo a pronunciar o "Trabalinguas" das trisílabas ou a cantar a Maturrangaina, na que o público miúdo se exercita en dicir os números en galego do un ao dez. Ao final da función agasállase o público cun xogo recortable coa canción á que fai referencia a imaxe, co obxectivo de que poidan xogar e cantar con el na casa.

  • Espectáculo
  • S.X. de Política Lingüística