Valentina
Comeza: 21/09/22 | 18:00
Onde: Casa da Cultura do Milladoiro | Ames | A Coruña
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa, que lle ensina a xogar ao xadrez e moitas cancións, anímaa sempre a perseverar: “Se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!” Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para se converter en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia, a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?
- Proxección audiovisual
- S.X. de Política Lingüística