Do 15/10 ao 15/10 do 2022

"C@nto contigo". Paco Nogueiras

Música, baile e risas para sacar a lingua a voar

Comeza: 15/10/22 | 18:00

Onde: Museo do Mar de Galicia | Vigo | Pontevedra

Volver

“C@nto contigo” é un espectáculo onde a música, o baile e as risas farán que saquemos a nosa lingua a voar, achegando o galego á xente miúda e ás súas familias de xeito lúdico e divertido. Retrousos e cancións para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. Un percorrido por cancións da súa traxectoria percorrendo un amplo abano de estilos musicais , dende o techno ao rock, aínda que sen esquecer as influencias tradicionais. Convértese así, nunha oportunidade de cantar con amigos e amigas nun concerto onde a música e o humor transformará a túa escola, biblioteca, auditorio, rúa, praza, vila, aldea… nunha festa moi especial onde ti es protagonista.

  • Concerto
  • S.X. de Política Lingüística