Do 18/11 ao 18/11 do 2022

As Armadanzas

A cantante de Leilía, Montse Rivera, ofrece un espectáculo no que pon a bailar ao público familiar.

Comeza: 18/11/22 | 18:00

Onde: Alameda | Redondela | Pontevedra

Volver

A coñecida cantante de Leilía, Montse Rivera, ofrécenos un espectáculo no que pon a bailar ao público familiar. A proposta emprega como fío condutor un diálogo entre un mozo e unha moza nun tempo pasado, onde a conversa en lingua galega, e por extensión a música e o baile, servían como base das relacións humanas.

Con explicacións sinxelas van introducíndose danzas galegas e bailes-xogo de carácter tradicional que farán bailar a toda a familia. A lingua galega ten unha grande importancia no espectáculo, xa que se fai fincapé no seu emprego natural nas relacións entre as persoas e apréndeselle ao público un pequeno repertorio de cantigas que pola súa musicalidade e estrutura paralelística vai perdurar na memoria de quen acuda ao espectáculo.

  • Espectáculo
  • S.X. de Política Lingüística