Do 18/11 ao 18/11 do 2022

“Cubo”. Elefante Elegante

Espectáculo de fantasía, humor e poesía para público familiar

Comeza: 18/11/22 | 18:00

Onde: Centro Sociocultural de Negreira | Negreira | A Coruña

Volver

Espectáculo teatral de fantasía, humor e poesía dirixida a público infantil e familiar que evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero.

Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán?

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística