Do 21/10 ao 21/10 do 2022

Petiscos de lingua

Xogos, contos e cancións para a transmisión interxeracional do galego

Comeza: 21/10/22 | 19:00

Onde: Bibliotaca Pública Municipal | A Rúa | Ourense

Volver

“Petiscos de lingua” é un espectáculo que ten como finalidade dar a coñecer e fomentar a práctica de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia no ámbito familiar e da veciñanza para contribuír á transmisión interxeracional da lingua. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma de ditos tradicionais como os recollidos na serie de vídeos realizada por Migallas Teatro baixo o nome de “Brincadeiras da lingua”. 

  • Espectáculo
  • Contacontos/Narración oral
  • S.X. de Política Lingüística