Do 27/11 ao 27/11 do 2022

“A parábola do angazo”, de Talía Teatro

Teatro con humor e lingua

Comeza: 27/11/22 | 18:00

Onde: Pazo da Cultura. Culturgal. | Pontevedra | Pontevedra

Volver

No mundo hai linguas de todo tipo e tamaño. Unhas máis falangueiras, outras máis longas, algunhas tan enormes que enchen a boca, outras tan morniñas que non dan dito nada, e algunhas tan afiadas que mesmo parece que aguilloan ao falar. E entre todas elas está a nosa, a galega. Con “A parábola do angazo” e desde o humor e a reflexión bótase unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do presente e mesmo mirar de esguello o que haberá no futuro.

Este novo espectáculo teatral forma parte da andaina lingüística iniciada con “Bicos con lingua” e “Pelos na lingua”.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística