Do 09/12 ao 09/12 do 2022

O lobo e a lúa

Teatro coa compañía Baobab

Comeza: 09/12/22 | 20:00

Onde: Centro Social | Pontecesures | Pontevedra

Volver

A compañía de teatro infantil Baobab chega este ano ao programa de dinamización lingüística FalaRedes cun espectáculo para os máis pequenos da casa que foi galardoado co Premio Barriga Verde de textos teatrais en galego. É unha peza tenra, divertida e chea de intriga que trata sobre a aceptación das diferenzas a través dunha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor. Ademais, introduce os espectadores de idades temperás nos contos tradicionais, nas cantigas, e na tradición oral.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística