Do 07/12 ao 07/12 do 2022

Xogar, aprender, medrar

Xornadas de xogos de mesa en galego para promover o xogo en familia e a normalización da lingua.

Comeza: 07/12/22 | 17:00

Onde: Casa da Cultura | Corcubión | A Coruña

Volver

Empréganse nelas os xogos artesanais da empresa Brazolinda, en galego e deseñados para que poidan xogar xuntos grandes e pequenos. Estes xogos teñen unha grande aceptación entre as familias e tamén se empregan como material didáctico nas aulas, pois a través das matemáticas, da expresión oral, da mitoloxía galega, do Camiño de Santiago, das adiviñas... favorecen a socialización ao tempo que fomentan, non só a aprendizaxe de contidos, senón tamén a introdución do galego en calquera ámbito ou temática educativa.

  • Outras actividades
  • S.X. de Política Lingüística