Orgullo da nosa lingua
Comeza: 02/10/23 | 00:00 | Remata: 08/10/23 | 00:00
Onde: Alameda | Redondela | Pontevedra
A exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir chegará en setembro e outubro a catro entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Arteixo, Ribeira, Marín e Redondela.
A mostra consta de 9 paneis que percorren particularidades do galego co fin de mostrar o seu valor e a súa riqueza, alimentar o sentimento de pertenza e convidar a cidadanía a falalo. A exposición poderá visitarse por libre ou ben coa guía dunha persoa dinamizadora que atenderá os asistentes en horario establecido por cada concello.
A través dun código QR, os viandantes tamén poderán interactuar desde os seus móbiles e participar no sorteo de distintos premios (entradas, lotes de libros, cadernos...).
Calendario
- Arteixo, do 10 ao 17 de setembro. Anfiteatro. De luns a mércores: de 16:00 horas a 20:00 horas. De xoves a sábado: de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas.
- Ribeira, do 18 ao 24 de setembro. Malecón. Luns, Martes e Xoves: de 16:00 a 20:00 horas. Mércores: de 10:00 a 14:00 horas. Venres e sábado: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 h.
- Marín, do 25 de setembro ao 1 de outubro. Luns a mércores: de 16:00 horas a 20:00 horas. Xoves a sábado: de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas.
- Redondela, do 2 ao 8 de outubro. Alameda. Martes e mércores: de 16:00 a 20:00 horas. Xoves, venres e sábado: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Domingo de 10:00 a 14:00 horas.
- Exposición
- S.X. de Política Lingüística