Do 10/05 ao 10/05 do 2024

'Made in Galiza' de Séchu Sende

Presentación do libro que reflexiona sobre o galego

Comeza: 10/05/24 | 12:30

Onde: Auditorio Casa da Cultura | Padrón | A Coruña

Volver

Unha obra que abre as portas ao humor reflexivo, á poética ao alcance de todo o mundo, a través dun texto que move e conmove.

Made in Galiza transita por momentos recoñecibles no día a día e combina temas de sociolingüística con maneiras de vivir e pensar amables e xenerosas ás que chegar mediante o lúdico e o divertido, con pouso. Un xeito de seducir en cuestións de lingua, non de impoñer nada a ninguén.

En Made in Galiza podemos topar un mosaico de lugares tan diversos como unha oficina de palabras perdidas, unha empresa que fabrica palabras, un manual de instrucións e unha palabra común. Tamén grupos de personaxes moi diferentes, un ladrón de palabras, mozos namorados, homes e mulleres desorientados, unha vendedora de palabras... A peza converte temas complexos en experiencias accesibles para todo o mundo e a verdadeira protagonista da obra é a actitude das persoas falantes respecto da súa propia lingua. No centro da súa obra, Sende coloca a defensa da lingua galega e a fe do poder transformador da palabra.

  • Xornada/Congreso
  • Presentación
  • S.X. de Política Lingüística