Do 20/05 ao 26/05 do 2024

Orgullo da nosa lingua

Exposición sobre o galego

Comeza: 20/05/24 | 10:00 | Remata: 26/05/24 | 22:00

Onde: Praza de España | Ribadeo | Lugo

Volver

A exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir chegará en maio e xuño a catro entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Boiro, Cambados, Ribadeo e Betanzos.

A mostra consta de 9 paneis que percorren particularidades do galego co fin de mostrar o seu valor e a súa riqueza, alimentar o sentimento de pertenza e convidar a cidadanía a falalo. A exposición poderá visitarse por libre ou ben coa guía dunha persoa dinamizadora que atenderá os asistentes en horario establecido por cada concello.

A través dun código QR, os viandantes tamén poderán interactuar desde os seus móbiles e participar no sorteo de distintos premios (entradas, lotes de libros, cadernos...).

  • Exposición
  • S.X. de Política Lingüística