Do 27/12 ao 27/12 do 2019

Toponimízate 2019

Ponse en marcha un ano máis o programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra.

Comeza: 27/12/19 | 20:00

Onde: Casa da Cultura de Vilalba | Vilalba | Lugo

Volver

A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes. Constitúe un aspecto fundamental do noso patrimonio que liga a lingua propia coa xeografía, a historia ou a arqueoloxía de noso. Entre outubro e decembro de 2019 Toponimízate chegará a 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística: Noia, Mazaricos, Muxía, Ordes, Folgoso do Courel, Guitiriz, Taboada, Vilalba, Beariz, Manzaneda, Ribadavia, Cambados, Cerdedo-Cotobade, Lalín e Pazos de Borbén.

  • Obradoiro
  • S.X. de Política Lingüística