Do 15/12 ao 15/12 do 2019

Fillos do sol

A elucubración teatral dirixida por Cándido Pazó sobre a figura de Eduardo Pondal e a súa obsesión coa obra que o ocupou toda a súa vida como escritor, Os Eoas, chega ao FalaRedes 2019 da man de Contraproducións.

Comeza: 15/12/19 | 18:00

Onde: Auditorio Municipal | As Neves | Pontevedra

Volver

O programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística dáse cita, na recta final da súa oitava edición, co controvertido escritor que, xunto con Rosalía e Curros, constituíu un dos tres pés poéticos do Rexurdimento Galego e que encamiñou a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas.

Fillos do sol é unha peza teatral emotiva e divertida sobre os derradeiros anos de Eduardo Pondal, escrita e dirixida por Cándido Pazó, con César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez. A peza, a cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, presenta o personaxe desdobrado nun DON EDUARDO, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas cun personaxe nacido da súa perturbación: EDUARDO, que non é outro ca el mesmo, de mozo, nos inicios da súa carreira literaria. E, como contrapunto, a vida real e diaria representada por ROSA, a criada nova da pensión na que o bardo pasou a derradeira etapa da súa vida.

Dirixida a público adulto desde os 14 anos, poderase gozar, do 3 de novembro ao 8 de decembro, en nove localidades da Rede de Dinamización Lingüística: Cambados, Mos, Foz, Viveiro, Verín, Xinzo de Limia, Santa Comba, As Neves e Salceda de Caselas.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • S.X. de Política Lingüística