Do 08/08 ao 08/08 do 2020

Teatro infantil 'Voa, voa'

A primeira actividade do FalaRedes 2020 foi creada para os máis pequenos da casa, pero fará as delicias de toda a familia

Comeza: 08/08/20 | 19:00

Onde: No polideportivo | Triacastela | Lugo

Volver

Da man de Talía Teatro presentamos Voa, voa, unha peza pensada para relembrar e divulgar a arte de xogar coas palabras; para animar a nais, pais, avoas e avós a relembrar os seus xogos de infancia e o vocabulario que neles había e enredaren coa xente miúda de hoxe empregando os ditos, retrousos, xogos de man... que chegaron a eles transmitidos xeración tras xeración e cos que tanto se divertiron de pequenos.

Voa, voa, que conta cunha axuda á produción escénica da Axencia Galega das Industrias Culturais, Agadic, estará este verán en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • Entrada de balde
  • Público infantil
  • S.X. de Política Lingüística