Do 25/09 ao 25/09 do 2020

A nena que quería navegar

Comedia musical de Redrum Producciones que trata o tema do acoso escolar.

Comeza: 25/09/20 | 18:00

Onde: Centro Cultural O Salón | Abegondo | A Coruña

Volver

Espectáculo para nenos e nenas de máis de 4 anos e as súas familias que forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Na peza incídese no valor do reforzo positivo como unha das claves para previr o acoso escolar. O obxectivo é que os nenos e nenas que asistan á representación fortalezan a autoestima e adquiran ferramentas para previlo. A obra quere transmitirlles a idea de que dentro de cada persoa se agocha un ser único e especial e que só crendo nas propias capacidades conseguirá os seus soños.

O espectáculo combina varias disciplinas artísticas: o teatro de monicreques e de obxectos, as proxeccións, a música en directo e as coreografías.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • Público infantil
  • S.X. de Política Lingüística