Do 04/10 ao 04/10 do 2020

Os Bolechas e a Porta dos Camiños

Os Bolechas chegan este outono ao FalaRedes cunha nova aventura no Camiño de Santiago.

Comeza: 04/10/20 | 18:00

Onde: Centro Cultural O Salón | Abegondo | A Coruña

Volver

Unha aventura que fará as delicias de nenos e nenas entre 4 e 8 anos de 21 localidades da Rede de Dinamización Lingüística.

Desta volta, Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia e Tatá coñecerán a Haker Mater, un programador informático que está poñendo a punto a Porta dos Camiños, unha máquina que lles axuda a elixir un dos moitos Camiños de Santiago ás persoas que queren peregrinar e non saben por que vía facelo. O que pasa é que a máquina leva 11 anos sen funcionar e parece que precisa algúns arranxos... Menos mal que Os Bolechas son expertos en amañaren de todo e, coa axuda do público, conseguirán, non só facer funcionar a Porta dos Camiños, senón aprender unha chea de cousas sobre algunhas das principais vías de peregrinación. E mesmo axudarán o Peregrino Faustino a elixir Camiño!

  • Espectáculo
  • Teatro
  • Entrada de balde
  • Público infantil
  • S.X. de Política Lingüística