Do 01/11 ao 01/11 do 2020

Roque Roquiño descobre o Camiño

Despois do éxito de Mai Mai, Baobab Teatro volve ao FalaRedes da man do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Comeza: 01/11/20 | 18:30

Onde: Liceo de Ourense | Ourense | Ourense

Volver

Un espectáculo teatral, de contos e de títeres, dirixido a público infantil (nenos e nenas de 1 a 8 anos) e protagonizado polo muppet Roque e a actriz Andrea Bayer.

Andrea acaba de facer o Camiño de Santiago e está emocionada con toda a xente que coñeceu e o moito que lle aprendeu: xogos de mans, cantigas, poemas... e contos, moitos contos e historias que se contan no Camiño e que Andrea vén disposta a compartir con Roque.

  • Espectáculo
  • Monicreques
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística