Do 29/11 ao 29/11 do 2020

Minia convídate a xogar

Espectáculo para a primeira infancia, recomendado para nenos e nenas de 1-6 anos.

Comeza: 29/11/20 | 17:00

Onde: Auditorio Municipal | Mos | Pontevedra

Volver

Minia, unha muller agora adulta, chegará este outono a cinco concellos da Rede de Dinamización Lingüística acompañada dos xogos que facía de pequena e de moitas caixas de cartón que atopou no almacén onde enredaba de cativa. Son caixas aparentemente inútiles, pero que a levan a lembrar as aventuras e personaxes que creaba con elas e que lle permiten transformar o espazo en que está nos diferentes ambientes imaxinados.

Minia convídate a xogar quere promover o xogo libre, excitar a curiosidade e arrequecer o imaxinario dos máis pequenos, que non precisan de xoguete ningún para deixar voar a imaxinación e divertírense.

Espectáculo que chega da man da compañía Babaluba Teatro e do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 para axudar a desenvolver a creatividade e promover o xogo en galego.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • Entrada de balde
  • Público infantil
  • S.X. de Política Lingüística