Do 01/11 ao 01/11 do 2020

Monstros no Camiño

A nova proposta de Teatro Ghazafellos para o programa Falaredes.

Comeza: 01/11/20 | 12:00

Onde: Multiúsos da Senra | Bergondo | A Coruña

Volver

Teatro Ghazafellos volve ao FalaRedes con Monstros no Camiño, unha divertida comedia para nenos e nenas de 4 anos en diante e as súas familias, que o pasarán de medo con esta historia.

Tres investigadores reúnense nun simposio onde convocarán, coa axuda dunha máquina da súa invención, os monstros do imaxinario tradicional galego que pululan polo Camiño de Santiago. Lobishomes, meigas, o Sacaúntos… desfilarán polo congreso para seren sometidos, con moito humor, a un escrutinio que lles permita aos científicos e ao público, necesario colaborador nesta aventura, comprobar se existen de verdade ou non.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística