Do 01/11 ao 01/11 do 2020

O Camiño da lingua

Espectáculo teatral e participativo dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e ás súas familias.

Comeza: 01/11/20 | 12:00

Onde: Salón de actos do Voluntariado. Reserva: 981742001 | Muxía | A Coruña

Volver

A compañía Galeatro, da man do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, ofrece en 7 concellos da Rede de Dinamización Lingüística un espectáculo teatral e participativo dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e ás súas familias.

Nel atoparemos a Xan, que quere participar no concurso “O Camiño da Lingua” coa intención de levar o gran premio final. Para iso terá que superar unha serie de probas relacionadas co Camiño de Santiago, coa cultura e coa literatura galega. Pero el só non é quen de superar todos os retos e solicita a axuda do público.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • Inscrición previa
  • Entrada de balde
  • Público infantil
  • S.X. de Política Lingüística