Do 23/10 ao 23/10 do 2020

O Monte das Aras

Teatro de Ningures recrea a historia do Monte Facho cun texto de Santiago Cortegoso.

Comeza: 23/10/20 | 18:00

Onde: Monte Facho, O Hío. Cangas | Cangas | Pontevedra

Volver

O público asistente terá que ir cambiando de escenario e seguindo os actores, que irán percorrendo todo este espazo dotado de singularidade histórica e paisaxística. A compañía iralles amosando un lugar que é máxico porque, dende a idade do bronce ata o século XIX, acolleu as ofrendas ao Deus Berobreo que lle ofrecían tanto os seus habitantes como viaxeiros chegados de todas as partes.

Reserva de entradas e máis información na Casa da Xuventude de Cangas

  • Espectáculo
  • Teatro
  • Inscrición previa
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística