Do 28/10 ao 28/10 do 2020

Aladino e a lámpada Marabillosa

Espectáculo de Avento Producións integrado no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo21.

Comeza: 28/10/20 | 17:00

Onde: Sala Ártika | Vigo | Pontevedra

Volver

Versión musical de Avento producións dun dos máis fermosos contos de As mil e unha noites, ambientada nun Oriente máxico e suxestivo.

Aladino é un bo rapaz que fai pequenos traballos para os mercadores de Agrabah co fin de conseguir unas moedas coas que mercar algo para comer, mais os rumores sobre o seu bo corazón chaman a atención de Jafar, o malvado visir real, que utilizará os seus enganos para obrigalo a roubar a lámpada máxica da cova das marabillas. Por outra banda, no palacio, o sultán trata de atopar un príncipe co que casar a filla, sen o consentimento desta.

Dous rapaces que viven realidades moi diferentes pero semellantes á vez e que, sen sabelo, se necesitarán mutuamente.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística