Do 31/10 ao 31/10 do 2020

6 Mulleres

Sumrrá en concerto

Comeza: 31/10/20 | 20:00

Onde: Cidade da Cultura | Santiago de Compostela | A Coruña

Volver

O contrabaixo de Xacobe Martínez Antelo, o piano de Manuel Gutiérrez e a batería de L.A.R. Legido continúan, da man do Fondo de Proxectos Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia, a xira que se vira interrompida en marzo pola crise da covid-19.

Sumrrá rende tributo con este espectáculo a 6 mulleres poderosas que foron e aínda son fonte de inspiración na loita por un futuro mellor para toda a humanidade: Frida Kahlo e Rosa Parks de América, Rosalía de Castro de Galicia, Quin Jin de China, Malala Yousafsai de Paquistán e Nawal El-Saadawi de Exipto. Sumrrá 6 Mulleres é unha achega á loita feminista desde a música contemporánea do século XXI.

  • Concerto
  • Jazz
  • S.X. de Política Lingüística