Do 08/11 ao 08/11 do 2020

Proxecto Noeé

O Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 ofrece esta peza de Sarabela Teatro.

Comeza: 08/11/20 | 19:00

Onde: Casa da Cultura | Quiroga | Lugo

Volver

Neve, tres pingüíns, o desxeo e dous boletos para a A.R.C.A. (Aparello Rescatador de Animais) de NOÉ (Novos Observadores Especialistas da Evacuación) son os elementos desta historia narrada cunha linguaxe sinxela e contundente. Os pingüíns reflexionan sobre o valor da amizade: como facer para salvarse os tres cando só teñen dúas pasaxes? Cando está permitido, e cando non, romper as regras?

Unha viaxe escrita e dirixida por Fina Calleja, con Sabela Gago, Fernando Dacosta e Elena Seijo.

  • Espectáculo
  • Teatro
  • Entrada de balde
  • S.X. de Política Lingüística