Do 25/11 ao 25/11 do 2020

Arrieira

Contacontos para toda a familia que leva ao escenario Xarope Tulú.

Comeza: 25/11/20 | 17:30

Onde: Auditorio Municipal | Cerceda | A Coruña

Volver
Ninguén coñecía os camiños mellor ca os arrieiros. Estes eran, na súa maioría, homes, pero Atenea García (narradora) e Nicolás Zamorano (músico) vannos presentar unha arrieira coñecedora dos vieiros e das súas xentes. A arrieira, no seu percorrido, tiña atopado historias de vida, seres míticos, lavandeiras e afiadores e, coma un tesouro, fora gardando todos eses saberes e sentires na súa memoria. Había quen dicía que pedía contos a cambio de cantares: "Regáloche unha cantiga se me contas un conto". Así o cesto da arrieira cargábase de historias recollidas nos carreiros. Os contos que recollera, contábaos, pero facía ben tempo que collera por costume facer uso das licenzas poéticas, por iso ás veces lle daba a volta ás historias que sentira, narrándoas ao seu xeito.
  • Espectáculo
  • Contacontos/Narración oral
  • Inscrición previa
  • Entrada de balde
  • Público infantil
  • S.X. de Política Lingüística