Do 29/11 ao 29/11 do 2020

O Camiño da lingua

Espectáculo teatral e participativo dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e ás súas familias.

Comeza: 29/11/20 | 18:00

Onde: Local Social de Marcelle | A Baña | A Coruña

Volver
A compañía Galeatro, da man do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, ofrece en 7 concellos da Rede de Dinamización Lingüística un espectáculo teatral e participativo dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos e ás súas familias. Nel atoparemos a Xan, que quere participar no concurso “O Camiño da Lingua” coa intención de levar o gran premio final. Para iso terá que superar unha serie de probas relacionadas co Camiño de Santiago, coa cultura e coa literatura galega. Pero el só non é quen de superar todos os retos e solicita a axuda do público.
  • Espectáculo
  • Teatro
  • Inscrición previa
  • Entrada de balde
  • Público infantil
  • S.X. de Política Lingüística